O premio de poesía Victoriano Taibo será de 3.000 euros

La Voz

VIGO

10 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Instituto de Estudos Miñoranos e a entidade de Morgadáns convocan o Segundo Premio de Poesía Victoriano Taiboao que poderá concorrer calquera persoa que envíe, antes do 25 de xullo (Aula de Cultura Ponte de Rosas, avda. da feira, 10, baixo, Apartado 30, 36380, Gondomar) un libro de poemas inéditos e escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 euros, unha escultura de Fino Lorenzo que o xurado otorgará en novembro.