O luns quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, agardando unha fronte fría que chegará durante a vindeira madrugada. Deste xeito, agárdanse ceos anubrados, con posibilidade de chuvascos, máis probables no oeste da comunidade durante a mañá. Nas últimas horas do día e pola noite haberá precipitacións de carácter entre moderado e forte, especialmente no litoral atlántico. As temperaturas mínimas experimentaron un moderado ascenso, mentres que as máximas ascenderán de xeito lixeiro. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados en xeral, aumentando en intensidade pola noite e durante a madrugada a fortes en todo o litoral.
Ceos anubrados, con posibilidade de chuvascos, máis probables no oeste da comunidade durante a mañá.
Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas en lixeiro ascenso.
Ventos do sudoeste, moderados en xeral, aumentando en intensidade pola noite e durante a madrugada a fortes en todo o litoral.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 21ºC | 16ºC |
| Fisterra | 19ºC | 16ºC |
| Santiago | 20ºC | 15ºC |
| Monforte | 20ºC | 11ºC |
| Lugo | 20ºC | 12ºC |
| Ribadeo | 22ºC | 18ºC |
| Viveiro | 22ºC | 16ºC |
| Ourense | 22ºC | 13ºC |
| Verín | 20ºC | 10ºC |
| Lalín | 20ºC | 12ºC |
| Pontevedra | 21ºC | 16ºC |
| Vigo | 20ºC | 16ºC |
| Vilagarcía | 20ºC | 17ºC |
| A Coruña | 22ºC | 16ºC |
| O Barco | 20ºC | 11ºC |
Unha fronte fría atravesará Galicia durante a madrugada, de xeito que aínda ás primeiras horas do martes agárdanse chuvias de carácter entre moderado e forte, sobre todo no sur da comunidade. A medida que avance o día as precipitacións irán facéndose máis ocasionais, á vez que se abrirán claros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste moderados no litoral, con intervalos fortes na costa de Lugo; frouxos no resto.
Intervalos nubosos, con chuvascos que terán intensidade entre moderada e forte no sur da comunidade ás primeiras horas. A medida que avance o día irán facéndose máis ocasionais, á vez que se abrirán claros.
Temperaturas sen cambios significativos.
Ventos de compoñente oeste, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa de Lugo; ventos frouxos no resto.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 19ºC | 14ºC |
| Fisterra | 19ºC | 14ºC |
| Santiago | 19ºC | 12ºC |
| Monforte | 18ºC | 10ºC |
| Lugo | 17ºC | 10ºC |
| Ribadeo | 20ºC | 13ºC |
| Viveiro | 19ºC | 13ºC |
| Ourense | 21ºC | 13ºC |
| Verín | 17ºC | 10ºC |
| Lalín | 17ºC | 10ºC |
| Pontevedra | 20ºC | 14ºC |
| Vigo | 18ºC | 14ºC |
| Vilagarcía | 19ºC | 14ºC |
| A Coruña | 19ºC | 14ºC |
| O Barco | 18ºC | 11ºC |
Nesta xornada, Galicia vai quedando pouco a pouco baixo influencia anticiclónica, aínda que se mantén algunha inestabilidade. Alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos. As temperaturas estarán en descenso, principalmente as mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste rolando máis o norte pola tarde.
Alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos.
Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro e moderado; máximas sen cambios ou en lixeiro descenso.
Ventos de compoñente oeste frouxos, rolando máis ó norte pola tarde.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 19ºC | 13ºC |
| Fisterra | 19ºC | 14ºC |
| Santiago | 19ºC | 11ºC |
| Monforte | 17ºC | 9ºC |
| Lugo | 16ºC | 10ºC |
| Ribadeo | 19ºC | 12ºC |
| Viveiro | 19ºC | 14ºC |
| Ourense | 18ºC | 12ºC |
| Verín | 18ºC | 9ºC |
| Lalín | 16ºC | 8ºC |
| Pontevedra | 20ºC | 12ºC |
| Vigo | 20ºC | 13ºC |
| Vilagarcía | 20ºC | 13ºC |
| A Coruña | 19ºC | 13ºC |
| O Barco | 17ºC | 8ºC |
Galicia estará durante esta xornada baixo a influencia das altas presións. Con esta situación agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados. Bancos de néboa matinais, localmente persistentes en zonas do interior. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral, moderados no litoral pola tarde.
Ceos pouco anubrados ou despexados.
Temperaturas mínimas en lixeiro descenso; máximas en lixeiro ascenso.
Ventos de compoñente leste, frouxos en xeral, moderados no litoral pola tarde.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 21ºC | 11ºC |
| Fisterra | 20ºC | 12ºC |
| Santiago | 20ºC | 9ºC |
| Monforte | 20ºC | 7ºC |
| Lugo | 17ºC | 6ºC |
| Ribadeo | 19ºC | 12ºC |
| Viveiro | 19ºC | 12ºC |
| Ourense | 21ºC | 9ºC |
| Verín | 20ºC | 7ºC |
| Lalín | 17ºC | 5ºC |
| Pontevedra | 22ºC | 12ºC |
| Vigo | 22ºC | 11ºC |
| Vilagarcía | 22ºC | 11ºC |
| A Coruña | 21ºC | 11ºC |
| O Barco | 20ºC | 5ºC |