pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

Un teatro para a sociedade

A compañía Nu fai un percorrido emocional polas poesías portuguesa e galega na súa presentación na Zona «C»

Autor:
Manuel Beceiro
Fecha de publicación:

«O proxecto Nu sobrevén da necesidade vital como 'facedores de teatro' e da certeza de que hai espazo para unha nova creación, con horizontes e orientación estética ben definidas. Queremos un teatro para a sociedade, un espello diante do que se sacan as impurezas. Non queremos facer da nosa actividade unha actividade económica sen máis, non queremos vender entretemento, queremos facer teatro. E por iso estamos Nus». Esta declaración de intencións resume claramente o que é o manifesto ou os principios fundacionais de Teatro Nu, nova compañía galega que onte fixo a súa presentación no espazo multidisciplinar Zona «C» coa montaxe Coa palabra na lingua .

A actriz galega Mónica Caamaño e o actor e director portugués Zé Paredes acometen este novo proxecto teatral que quere pór no centro da escena a palabra poética, ligando ou achegando as realidades dos seus países. «Chegou o momento de facermos o teatro que queremos facer, co que soñamos, o teatro que eu imaxino como creador e como director neste caso», afirma con rotundidade Zé, para quen «o só feito de ter unha lingua diferente non conforma un teatro diferente». «Outras formas de facer, de buscar e, sobre todo, non querer só contar historias», conforman o eixo e norte deste no proxecto que onte botou a andar.

Baixo esta filosofía, a carta de presentación de Teatro Nu, Coa palabra na lingua , nace coa intención de superar a narratividade clásica de presentación, nó e desenlace, facendo un percorrido emocional pola poesía portuguesa e galega, desde os poetas dos inicios do século XX até os de hoxe. As distintas voces dos e das poetas galegas e portuguesas, co acompañamento musical en directo de Anxo Graña, van tecendo un entramado de pequenas historias, pequenas vidas, recordos e sensacións nacidas da mente de Fernando Pessoa, Álvaro Cunqueiro, Ary dos Santos, Avilés de Taramancos, Marta Dacosta, António José Forte, Chus Pato, María Teresa Horta, Méndez Ferrín, Ana Romaní ou Celso Emilio Ferreiro.

¿E por que unha actriz cunha ampla traxectoria en teatro e televisión, en series de moito éxito, se embarca neste arriscado proxecto? Segundo a propia Mónica Caamaño «os flirteos coa televisión non dependen dun mesmo , dependen sempre da conxuntura, da oportunidade e da sorte». Porque, contrariamente ao que pode parecer desde fóra, «o traballo en televisión non sempre é tan satisfactorio, pois non hai un proceso de traballo ao que estamos afeitos en teatro». Por outra banda, a actriz considera que se chega a un punto de maduración que fai necesario acometer un proxecto persoal «que a túa voz sexa escoitada e que ti sexas unha parte creativa».

Hai outra razón para lanzarse sobre o baleiro a novos proxectos, agochada baixo a inevitable palabra destes días: crise. A eterna crise do teatro que, supón Mónica, «é tamén vital, porque somos os eternos novos xa que non hai espazo e, por tanto, temos que arriscar. E somos conscientes de que empezamos desde a nada, porque cando tes que vender o espectáculo ves que non naciches para vender, que naciches para traballar e crear. É tremendo, porque te sentes humillada».

 

ENVIAR NOTICIA  

Un teatro para a sociedade

A compañía Nu fai un percorrido emocional polas poesías portuguesa e galega na súa presentación na Zona «C»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Un teatro para a sociedade
Zé Paredes e Mónica Caamaño representarán hoxe, ás 21 horas, o seu espectáculo
Autor de la imagen: | ÁLVARO BALLESTEROS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.