pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

vento nas velas : Beiras en Trasalba

Fecha de publicación:

Nas aulas da Universidade compostelá de finais dos anos 60 e nos primeiros anos 70, os mozos ían escoitar as leccións de Xosé Manuel Beiras. Mozos e mozas dunha Galicia que moi traballosamente saía da ditadura. Mozos e mozas de distintas especialidades, con diversos graos de formación e curiosidade, mais interesados todos (mesmo engaiolados) no discurso daquel profesor novo que falaba do país, da súa identidade, da súa memoria histórica, das súas razóns e dereitos, da súa lingua, dos seus conflitos, non dun xeito etéreo nin idealista, senón dende a metodoloxía moderna e a experiencia contrastada nas disciplinas da Universidade de París, ao tempo que citaba os clásicos, daba noticias dos exiliados, explicaba os desequilibrios internacionais do crecemento e igual citaba o Club de Roma que o mapa de Domingo Fontán. Tal é o Beiras que hoxe agasallamos na casa grande de Cimadevila.

Non eran moitos os profesores que daquela tal conseguían: atraer os alumnos por vontade e curiosidade intelectual, seguramente tamén por atractivo persoal. Lembramos se acaso a González Casanova nas aulas de Dereito, nos catro anos que estivo en Santiago, as clases de Carlos Alonso del Real na facultade de Filosofía e Letras, quizais un pouco despois as de Serafín Moralejo? Pouco máis. Xosé Manuel Beiras era a referencia e, cando en 1972 publica O atraso económico de Galicia, obra que, ollada con perspectiva, seguramente é o seu título máis representativo (aínda que nalgúns aspectos o propio autor o recoñeza superado), o pensamento político galego, o pensamento económico, o pensamento moderno, continuador en parte do Sempre en Galiza (1944), daba un paso adiante, unha ollada nova sobre o país, instalado nos parámetros da ciencia económica e a política. Tal é o Beiras que celebramos.

O tempo é un río que nos leva e que nos continúa, alimentado xeración tras xeración. A casa común constrúese botando placas sucesivas, levantando esteos que os pais afincan para que termen dos fillos, e que os avós orientan para que habiten (e ás veces corrixan criticamente, ¿e logo non?) os netos. O discurso de Xosé Manuel Beiras, profesor, político, pensador, escritor, fundaméntase nesa tradición, que vén dos Ilustrados, aséntase no Rexurdimento, pasa polas Irmandades da Fala e pola Xeración Nós (a algúns de cuxos compoñentes tivo a honra de tratar), polo grupo Galaxia e a palabra de Ramón Piñeiro, o pulo de Xaime Isla (Revista de Economía de Galicia), o entusiasmo operativo de Fernández del Riego, o pensamento de Robert Lafont, o marxismo de liberación nacional, o compromiso organizado (tan difícil) da transición política, a batalla democrática da autonomía e o autogoberno, e que chega a nós, afervoado e activo, coma «un volcán de enerxía», en palabras do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo. Nesta tradición recibimos a Xosé Manuel Beiras. O souto de Trasalba, a casa grande de don Ramón, inzada de candeas, é un marco perfecto.

 

ENVIAR NOTICIA  

vento nas velas Beiras en Trasalba

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.