Os ilustradores galegos demandan un protocolo de contratación regulada

La Voz

CULTURA

29 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A Asociación de Profesionais da Ilustración celebrará este sábado en Compostela a súa cita anual coa presenza de autores invitados como Max ou Héctor Altuna. Ademais, a AGPI presentou onte a primeira edición da guía dos profesionais do colectivo e mais o informe do 2008 sobre o sector elaborado polo Observatorio da Ilustración Gráfica.

Segundo este informe, que ten versión en galego, a precariedade dos autores medrou en case todos os ámbitos, dende a prensa ata a publicidade. Explica o estudo que os ilustradores «teñen unhas posibilidades relativamente menores que hai dez anos de vivir exclusiva ou preferentemente da profesión». Tamén apunta que en «España non existe unha cultura de respecto á autoría». Esta situación de precariedade case permanente, aseguran, está agravada agora «polas novas tecnoloxías e a necesidade de que os ilustradores se adapten a elas». Tamén piden que se establezan referencias para un tipo de contrato para que os ilustradores poidan traballar con tarifas, cando menos, de carácter xenérico. O informe explica que a actividade para a Rede terá que estar regulada no económico.