«Síntome moi cómodo na sombra de Cunqueiro»

La Voz

CULTURA

20 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

«Esta é unha obra difícil porque é pouco dada á risa salvo que se faga mal». Así falou Manolo Lourenzo de Flores de Dunsinane , o texto dramático gañador do Álvaro Cunqueiro. Segundo Lourenzo, esta é unha peza que quere «reencontrar unha nova lectura de Macbeth como Cunqueiro quixo encontrar unha outra lectura para Hamlet» . Lourenzo asegurou sentirse moi «cómodo na sombra de Cunqueiro».

O texto está protagonizado por un Banquo xa maior, quen recibe a visita da saga dos Macbeth para revivir un pasado que é todo menos pacífico. O dramaturgo explicou ao recoller o premio que a literatura galega «adoita ser moi desiderativa e pouco asertiva». Sinalou que ese era tamén o seu camiño literario. Advertiu que hai un caso no que quere ser asertivo porque está «a favor da lingua galega».