O escultor Xosé Lois Carreira prepara unha Olimpia Valencia de tres metros en pedra para o centro de saúde de Vigo

x. m. r. OURENSE / LA VOZ

VIGO

<span lang= gl >Quen son. «Unha persoa que ten unha fe cega no poder transformador da arte para cambiar a realidade e as cousas, sobre todo as malas. E ao mesmo tempo alguén que aborrece enormemente a primeira persoa e os egos desmedidos, así como a falsa modestia. Polo tanto, que falen dun os feitos e as obras. Eles xa darán boa conta, con luxo de detalles, desta aventura de bater forte nas pedras»». alejandro camba</span>
Quen son. «Unha persoa que ten unha fe cega no poder transformador da arte para cambiar a realidade e as cousas, sobre todo as malas. E ao mesmo tempo alguén que aborrece enormemente a primeira persoa e os egos desmedidos, así como a falsa modestia. Polo tanto, que falen dun os feitos e as obras. Eles xa darán boa conta, con luxo de detalles, desta aventura de bater forte nas pedras»». alejandro camba ALEJANDRO CAMBA

«Agora vai madurando e voulle retocando algún detalle ou texturas», di

24 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O escultor ourensán Xosé Lois Carreira está a piques de rematar unha peza da médica Olimpia Valencia de tres metros de alto en piedra, con un peso de quince toneladas. «É unha escultura sedente que lembra ás celtíberas das mesmas características que foron atopadas aquí no ano 1971 e que levan medio século agochadas no Museo Arqueolóxico de Ourense», explica en su taller de Parada de Ribeira, en Xinzo da Limia.

A escultura instalarase no centro de saúde Olimpia Valencia, que se está a construír no vello edificio vigués da Audiencia Provincial (rúa Lalín), agora instalada na Cidade da Xustiza creada no vello Hospital Xeral, e que está chamado a substituír o ambulatorio de López Mora e a aglutinar algúns servizos dese centro e tamén dos de Colmeiro e Nicolás Peña. O centro debe estar rematado a finais do vindeiro ano, según comprometeu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Carreira levaba tempo coa idea de facer unha peza de Olimpia Valencia, primeira médica galega. Considerábao unha homenaxe «polo feito de ser pioneira no seu campo e por ser orixinaria de aquí, da comarca». A doutora Valencia exerceu en Vigo pero nacera en Baltar. E precisamente dunha canteira de Baltar é orixinario o granito que permitiu crear esta peza.

A idea de Carreira quedou aparcada, pero «cando se lle comezaron a facer as homenaxes en Vigo decidín recuperala», di. Presentou o proxecto ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o mueo compostelano. Despois, recibiu financiamento das consellerías de Cultura, Igualdade e Sanidade.

A escultura está case lista. «Agora vai madurando e voulle retocando algún detalle ou texturas. En principio cóntase con instalala nun ano ou, como moi cedo, despois do verán», di o autor.

O seu traballo segue o estilo tradicional da cantería, pois usa granito para crear pezas traballándoas coas mans