Patrocinado porPatrocinado por

Adeus á nai dos queixos de ouro

La Voz

GANADERÍA

Álvaro Ballesteros

Falece na aldea de Murgás, en Touro, Consuelo Ramos, pioneira no sector e nai de Benigno Pereira, xerente de Queixerías Bama

28 mar 2024 . Actualizado a las 20:54 h.

As queixeiras e queixeiros de Arzúa despediron este mércores a unha das súas. Querida e pioneira no sector, porque Consuelo Ramos xa facía queixos nos anos 60, antes de que o seu produto se comercializase baixo as diferentes marcas coas que os seus descendentes sitúan no mercado os Arzúa-Ulloa e os Tetilla. A nai de Benigno Pereira, xerente de Queixerías Bama, deixou en Murgás, a aldea de Touro na que residía, «o se coñecemento da arte e o seu carácter emprendedor», escribiu o seu fillo na despedida de quen tamén foi «a nai dos queixos de ouro, unha fonte de tenrura, a guardesa da tradición», esa que deixa de impagable legado, tantas veces recoñecido en vida polo sector.