O plan «Modo galego, actívao!», de Ames e da RAG ten continuidade ata o ano 2026

La Voz SANTIAGO

AMES

CEDIDA

Víctor Freixanes e Blas García renovaron o convenio para estender o programa aos primeiros niveis de ESO

03 abr 2024 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) desenvolverán, a lo menos ata o 2026, o plan «Modo galego, actívao!», un proxecto de dinamización lingüística alén das aulas entre o alumnado de infantil e primaria do municipio para frear o abandono do uso do galego como lingua vehicular na infancia.

Despois dos bos resultados obtidos coa experiencia piloto, que naceu no curso 2022-2023, ambas entidades asinaron un novo convenio de colaboración que vai permitir estender a iniciativa aos primeiros niveis de ESO. 

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o alcalde de Ames, Blas García Piñeiro, asinaron onte un acordo que, segundo informa o Concello, implica que o Seminario de Sociolingüística da Academia comprométese a planificar accións para incrementar o uso do galego entre a veciñanza máis nova de Ames mediante actividades que esperten interese neste colectivo. Toda a programación xurde despois dunha detallada investigación que permitiu ter un mapa sociolingüístico do concello de Ames.