O Gaiás e a biblioteca Ánxel Casal lembran a Asorey con obradoiros

La Voz

SANTIAGO

Detalle da biblioteca compostelá Ánxel Casal.
Detalle da biblioteca compostelá Ánxel Casal. Daniela Yanes

Hoxe terá lugar o taller nas instalacións de Xoán XXIII

01 abr 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A Xunta de Galicia súmase á homenaxe a Francisco Asorey polo Día das Artes Galegas con obradoiros na Cidade da Cultura e a biblioteca Ánxel Casal para achegar a figura do escultor e reivindicar a súa importancia.

No caso da biblioteca Ánxel Casal, hoxe pola tarde, ás 18.30 horas, desenvolverase o obradoiro «Artes galegas 2024: Asorey, un escultor monumental» dirixido a público de entre 7 e 12 anos, que poderán experimentar co proceso creativo facendo a maqueta dun monumento escultórico propio. Hai 20 prazas que se poden reservar desde media hora antes do inicio da actividade.

Pola súa banda, a Cidade da Cultura programa o vindeiro día 6 dous obradoiros para o que se poden reservar entradas en Ataquilla (3 euros). O primeiro, ás 11.30 horas, está destinado a persoas adultas; e o outro, dirixido a público familiar e cativada de entre seis e 12 anos cun adulto, desenvolverase ás 16.30 horas.