Pontevedra volverá facer de maio o mes da lingua

La Voz PONTEVEDERA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Demetrio Gómez é o concelleiro de Normalización Lingüistica do Concello de Ponteevdra
Demetrio Gómez é o concelleiro de Normalización Lingüistica do Concello de Ponteevdra CONCELLO DE PONTEVEDRA

A programación artellada ao redor do 17 de maio, Día das Letras Galegas, inclúe actividades e propostas de todo tipo, desde musicais a educativas

06 may 2024 . Actualizado a las 18:07 h.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez Xunqueira (BNG), presentou este luns a programación de Maio, mes da lingua, un conxunto de actividades impulsadas polo Concello de Pontevedra ao redor da conmemoración do Día das Letras Galegas, entre as que se inclúen concertos musicais, espectáculos teatrais, certames orais ou presentacións culturais.

«É unha programación moi colectiva, realizada en colaboración con oito entidades pontevedresas que traballan na Boa Vila a prol da lingua», sinalou o concelleiro pontevedrés. «Prestaríame destacar que todas fan un esforzo realmente importante para que esta programación poida ser realizada, amosando o seu amor polo galego e por conseguir o obxectivo que todos e todas temos neste caso: que o galego sexa unha lingua normal en Galiza e que a poidamos utilizar en calquera eido».

Na práctica, o conxunto de propostas iniciará este mesmo martes o seu camiño, coa presentación en sociedade da nova revista xuvenil Xeración Alfa. O edil explicou que a revista chegará a todo o alumnado de ensino secundario de Pontevedra, namentres que na súa presentación, este 7 de maio, no CITA, ás 19.30 horas, está prevista unha mesa redonda con María Obelleiro; Ana Loureiro e Rafael Ruíz, coordinadores dos catro primeiros da publicación; e Sara Ferro, compoñente das Fillas de Cassandra. A programación continuará co concerto en forma de duelo de bandas, no conservatorio Manuel Quiroga, ás 19.30 horas do venres, 10 de maio.

Para este sábado está prevista a gala Ben Veñas, Maio, coa entrega de premios dos diferentes certames. O xoves, 16 de maio terá lugar o concerto Agora: Sun-Iou

Para o venres 17, Día das Letras Galegas, se programa unha Festa da Lingua que inclúe unha ruada con banda de gaitas ás 20.30 horas desde a praza da Peregrina, e concentros na Praza da Pedreira de Os Vacalouras e Catuxa Salom. A Festa da Lingua continuará o sábado 18 con xogos populares, Peter Punk, banda de gaitas e libros viaxeiros, un evento en colaboración coa asociación cultural A Pedreira. A programación, que pode consultarse completa na web do Concello, contiuará ata o 8 de xuño, coa entrega entrega dos Premios Mil Primaveras no Pazo da Cultura.

O concelleiro de Normalización fíxolle un chamamento a toda a sociedade pontevedra para «poder desenvolver esta programación» con éxito.