A praza de España de Pontevedra, epicentro da Aña Urbana

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CAPOTILLO

27 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa apertura ás 11.30 horas da carpa instalada na praza de España, a asociación cultural Trépia, en colaboración co Concello de Pontevedra, inaugurará unha nova edición da Aña Urbana. «É un día para gozar da música e do baile tradicional e popular ou mesmo para iniciarse nestes», indicou o concelleiro Demetrio Gómez na presentación.

Ás 12 horas, roteiro dos grupos tradicionais participantes polas rúas e prazas do centro histórico, mentres que, dende as 17 horas, obradoiros de Baile do Ramo e toques de leghón. Ás 19, actuación dos grupos da escola Trépia e, a partires das 21 h., quenda para os grupos Comando Curuxás e Morenos Peludos e, acto seguido, serán ate a 1 da madrugada.