Afirman que foi denunciada en la Comisaría de Pontevedra tras queixarse por non poder expresarse en galego

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

18 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este mércores, a Mesa pola Normalización Lingüística instou a que se tomen medidas para garantir o dereito a usar o galego en todas as comisarías. Esta solicitude prodúcese despois «da queixa presentada por unha veciña de Pontevedra que foi acusada por un axente de ‘faltar o respecto á autoridade', por insistir no seu dereito a poder expresarse e ser atendida na lingua propia de Galiza».

Dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra evitaron facer calquera tipo de valoración ao respecto disto.

Pola súa banda, a pontevedresa trasladou á Mesa pola Normalización Lingüística que «o axente afirmou que el non entende o galego», así como que «cuestionou o dereito da cidadanía a expresarse nesta lingua diante das institucións públicas». Engadiron que, «aínda que a muller accedeu a cambiar de lingua, o axente continuou obstaculizando o proceso, polo que a denunciante decidiu paralizar o trámite e volver noutro momento para interpor unha queixa por non recibir o trato adecuado nin ser atendida na lingua propia».

Isto determinou que, sempre segundo a versión difundida pola Mesa, o axente interpuxese unha denuncia contra a muller por «faltar o respecto á autoridade» ao queixarse da súa actitude.