Chega a Pontevedra a exposición itinerante «51 páxinas das nosas letras»

pontevedra / la voz < / span>

PONTEVEDRA CIUDAD

Versa sobre as figuras dos escritores e escritoras galegos homenaxeados durante o medio século de historia do Día das Letras Galegas

18 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de percorrer diferentes vilas e cidades galegas, ademais de recalar en Madrid, Barcelona e Bruxelas, chega a Pontevedra a exposición 51 páxinas das nosas letras, organizada polo Parlamento de Galicia, en colaboración coa colaboración da Consellería de Cultura e a Real Academia Galega, para poñer en valor as figuras dos escritores e escritoras galegos homenaxeados durante o medio século de historia do Día das Letras Galegas.

A mostra, que inaugurarase esta tarde, ás 20 horas, no Sexto Edificio do Museo, está integrada por un perfil biográfico de cada un dos homenaxeados desde 1963, cando a RAG, por proposta de Francisco Fernández del Riego, instaurou a celebración do Día das Letras Galegas cada 17 de maio, data que no 2015 estará dedicada ao humanista pontevedrés Xosé Filgueira Valverde

A exposición inclúe tamén un vídeo divulgativo e cadansúa medalla (un altorrelevo en resina), obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. Estas medallas forman parte da colección artística do Parlamento de Galicia. Dende Rosalía de Castro ata Vidal Bolaño, pasando por Castelao, Ramón Piñeiro e outros moitos autores enchen as 51 páxinas.