Actos de homenaxe en Bueu a Johan Carballeira

POIO

Imagen de archivo
Imagen de archivo CONCELLO DE BUEU

20 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo coa celebración do 87º aniversario do fusilamento de Johan Carballeira na Caeira (Poio), o Concello de Bueu e a Asociación de Amigos de Johan Carballeira organizan unha serie de actos de homenaxe. Deste xeito, este sábado, a partires das 12 horas, o Centro Social do Mar acollerá unha charla da xornalista Montse Fajardo sobre a represión franquista contra as mulleres.