Pepo Suevos, pregoeiro da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

CUNTIS

MONICA IRAGO

03 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, o Concello de Cuntis celebra o día grande da Festa do Lacón con Grelos, unha programación que arrancará ás 11 horas cun pasarrúas da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e o desfile da Asociación Cigarrón de Verín e a súa banda de Gaitas. Ás 11.45 horas, procederase á apertura da feira de artesanía e produtos agroalimentarios, mentres que, xa ao mediodía, inauguraranse as mostras correspondentes á XVI edición de A camelia no Lacón con grelos, Un baño de mel, esta na Praza de Abastos, Cerámica de Castrolandín e a catorce Mostra de encaixe das palilleiras.

En torno ás 12.15 horas, pregón a cargo do Pepo Suevos, ao que seguirá un pasarrúas coa charanga Los Támega, todo un anticipo da apertura da carpa onde se desenvolverá o xantar.

Pola tarde, ás 17 horas, Peter Punk leva a Cuntis o seu espectáculo infantil Chungo que te cagas, mentres que ás 18.30 horas, actuación de Dúo Background. E como remate de toda a programación, a partires das 19.30 horas, velorio e posterior enterro do Chapante.