Apego leva a Polo Correo do Vento e Ab Origine ao mosteiro de Lérez

PONTEVEDRA

Actividade de Polo Correo do Vento
Actividade de Polo Correo do Vento CAPOTILLO

A actividade é de balde, mais precisa de inscrición previa porque as prazas son limitadas

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo desenvólvese unha nova sesión do programa Apego, un compendio de actividades que se realizan baixo a área de Normalización Lingüística e abranguen distintas propostas dirixidas ás familias con fillos e fillas de até 6 anos. Todas elas son de balde, mais precisan de inscrición previa, xa que contan con prazas limitadas.

Este domingo a cita é no mosteiro de Lérez dende as 11.30 horas con Polo Correo do Vento e Ab Origine que levarán o espectáculo de Costureiras e palilleiras. Idade recomendada, maiores de 3 anos.

As actividades de Apego van dirixidas ás nais e pais para darlles a coñecer recursos que sirvan para activar ou enriquecer a lingua que se fala coas crianzas.