Soco Vara de Rey expón o seu «Color y vida» en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

A mostra pode visitarse no Palacete das Mendoza

20 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o vindeiro 5 de maio, o Palacete das Mendoza de Ponteveda acolle a exposición Color y vida, na que a pintora pontevedresa Soco Vara de Rey recompila as súas pinturas na busca da cor e «da forma do meu verdadeiro eu», destacaron dende a Deputación.

CAPOTILLO

Engadiron que, como explica a propia artista, «a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois deixa fluír o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada un dos cadros da mostra».

CAPOTILLO

Comezou a pintar de maneira autodidacta en 1970, aprendendo en Bilbao, onde residía, cos pintores Carmelo Bilbao e Consol Xiberta.