«O noso folclore ten un punto de 'Negra sombra'»

PONTEVEDRA

CEDIDA

O vindeiro domingo, Dobode presentará no Teatro Principal o seu novo traballo: «Turoqua»

11 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Turoqua foi a antiga mansión romana na que moitos expertos sitúa a orixe de Pontevedra, pero tamén o título do novo disco que Marcelo Dobode presentará o vindeiro domingo no Teatro Principal.

-¿Como definiría este novo traballo discográfico?

-É unha obra de arte. Foi un proceso creativo de moitos anos e é unha evolución natural para min despois de irme a vivir ao campo e tocar a terra.

-¿Que podemos atopar nel?

-Imos atopar dende funk ata reggae, soul, rock... É unha gran mestura das músicas que fun compartindo nas viaxes con outros artistas adaptándoas ao noso folclore. Pódese atopar algunha que outra sorpresa. Temos un 5x8 de Salamanca feito flamenco que canta comigo Kiko Veneno, Bailalo, e algunha que outra sorpresa máis que non se poden desvelar.

-¿Algunha desvelarase no concerto do Teatro Principal?

-En principio, nesta presentación estarei eu so. Non ven Kiko, ni ninguén que colaborase no disco. Iso o gardamos para o verán. Estamos traballando moito cos colaboradores e estamos tentando facer un espectáculo en conxunto.

-¿Imaxino que segue a tocar a pandeireta?

-Loxicamente. A esencia de Marcelo Dobode nunca se perderá. Está a pandeireta, están os pandeiros, está toda a percusión tradicional, tanto de aquí como doutros puntos da península Ibérica. Non so me centro no folclore galego, tamén no peninsular. Creo que toda raíz comparte una unión coa terra e a xente. Este disco vai moi unido á terra e á xente, e está moi pensado para as novas xeracións que tanto necesitan desta música, por dicilo de algunha maneira, alegre. É darlle unha volta ao noso folclore porque ten un punto de Negra sombra. Intentamos que brille o sol con Turoqua.

-Pregunto isto porque estou seguro de que sigue a sorprender coa súa aposta polo mestizaxe.

-Si, segue a sorprender moitísimo. Creo que é unha forma de achegarlle o noso folclore, as nosas músicas de raíz, a toda esa xente que renunciou á tradición ou do que somos nós. Buscamos tocarlle a súa fibra sensible do galego, do sentimento galego. Escoitas calquera tema do disco e sénteste parte del. Hai unha parte do ADN galego.

-A nivel técnico, ¿que foi o máis complexo?

-Os arranxos, que levaron moito tempo. Están moi pensados e son de Adrián Saavedra. Moitas letras son coplas tradicionais, pero adaptadas a hoxe en día. Máis que unha complicación, este disco foi un gusto.