O programa «Atrápame se podes» busca participantes en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

O casting terá lugar este martes no Centro Comercial Ponte Vella, en horario de mañá e tarde

04 mar 2024 . Actualizado a las 18:16 h.

Este martes o programa Atrápame se podes, da Televisión de Galicia realiza un casting en Ourense para seleccionar participantes. As persoas interesadas en pasar por este proceso de selección deben acudir ao centro comercial Ponte Vella. O horario para participar será de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 16.00 a 19.00 horas) e o único requisito imprescindible é ser maior de idade. En concreto, «buscan xente espontánea, divertida e disposta a responder con moito humor».

Todas aquelas persoas interesadas que non poidan acudir presencialmente ao casting, poden mandar un correo electrónico cos seus datos ao enderezo atrapamesepodes@crtvg.gal ou escribir ao número de teléfono 629 613 376, xa que o proceso de selección en liña atópase aberto durante todo o ano.

Paco Lodeiro no plató do Atrápame se podes
Paco Lodeiro no plató do Atrápame se podes tvg

O programa presentado por Paco Lodeiro, na Televisión de Galicia, está a procura de novos concursantes despois de entregar en setembro o premio máis alto da historia da televisión en Galicia, cun bota de 101.800 euros. O afortunado que conseguiu subir ao quinto chanzo sen fallar ningunha resposta foi o profesor de música Iván Pantín Vázquez.