O Arquivo de Ourense garda documentos do ano 974

La Voz

OURENSE CIUDAD

Visita al Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Visita al Arquivo Histórico Provincial de Ourense ALEJANDRO CAMBA

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou as instalacións para celebrar os seus 80 anos de historia

20 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebra neste 2023 os seus 80 de historia. Unha circunstancia que se recolle nunha mostra alusiva, na que se poden ver algúns dos documentos de gran valor que forman parte dos seus fondos, e que se recordou este martes cunha visita ás instalacións do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O representante do Goberno galego definiu ao Arquivo como unha das «institucións culturais máis relevantes de Galicia» e lembrou o papel xogado polos intelectuais ourensáns na creación do mesmo. Entre outros Marcelo Macías, Ramón Otero Pedrayo, Risco e Juan Fernández, Xesta. Ferro Couselo foi o seu primeiro director, posto que logo ocuparon Olga Gallego, Elisa Fernández-Pousa Suárez e Pablo Sánchez Ferro —actual director e neto de Ferro Couselo—. O documento máis antigo data do ano 974.