Da comunicación á pantalla e aos escenarios

La Voz

OURENSE CIUDAD

María Suevos
María Suevos Santi M. Amil

María Suevos deixou o seu traballo nos medios para dedicarse ao que era a súa paixón: ser actriz

16 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A María Suevos actuar sempre a chamou, pero foino deixando porque non se sentía segura ao respecto. Fixo Comunicación Audiovisual e lembra agora «que cando tiñamos que facer as prácticas de foto e son sempre facía de actriz. E gozaba moito coa experiencia», recoñece. Desenvolveuse profesionalmente no seu, matinando sempre en facer as probas para algunha das institucións de referencia no sector. «Creo que me faltaba confianza. E agora, a estas alturas da miña vida, é todo o contrario: sempre ando a mirar que curso podo facer ou a que probas me podo presentar», recoñece feliz. Andivo indo e vindo a Ourense, profesionalmente, e ata tivo tempo de montar unha tenda. En Compostela decidiu que chegara o momento e comezou con Carauta Teatro, tamén pasou pola Casa da Xuventude de Ourense, estivo con Fina Calleja no campus e segue. Participou en Padre Casares e na Lei de Santos, estivo nalgúns videoclips e protagonizou, xunto ao seu fillo, a curtametraxe Déjanos descansar, de Alberto Outeiriño. Coñecía ao realizador de Maceda —a súa nai é orixinaria do municipio— e di que se sente a gusto traballando con el. Con Outeiriño colaborou nas tres curtas —a primeira é Déjanos descansar— que se presentaron en xuño no Marcos Valcárcel e que teñen como obxetivo concienciar sobre a seguridade vial e o uso das redes sociais. Recoñécese satisfeita María Suevos por ser quen de chegar a onde sempre quixo estar e non para: «Agora estou asistindo a clases con Diego Abade. E aínda que levo uns meses parada vexo con ledicia que cada vez aparecen máis probas para actrices da miña idade», apunta.