A colección pétrea do Museo Arqueolóxico de Ourense trasladouse ao parque castrexo de San Cibrao de Las

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

As 62 pezas están expostas ao público no centro de interpretación de San Amaro

21 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (San Amaro) • De 10.00 a 15.00 horas • De martes a domingo (luns pechado) • O edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense está metido de cheo nas obras de rehabilitación que recuperarán para a cidade a sede da Praza Maior. O avance dos traballos no antigo pazo do bispo trouxo consigo a necesidade de buscar un espazo alternativo para unha das importantes coleccións do Arqueolóxico: os seus fondos pétreos. 

En total son 62 pezas e as mesmas trasladáronse para o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, ubicado en San Cibrao de Las (San Amaro). A nova sección do centro de interpretación ubicado en San Amaro aborda seis grandes temas, dos cales dous teñen que ver directamente coa romanización de Galicia. Nove aras ou altares de pedra inciden na relixiosidade na antiga Civitas Auriensis e once miliarios dan conta do percorrido das antigas estradas romanas. As pezas referidas a sepulturas falan da difusión do cristianismo ao longo dos séculos. Os outros tres temas con presenza na colección son a arquitectura renacentista na cidade de Ourense, a auga e a hixiene no Ourense moderno e contemporáneo; e as reformas que se acometeron no edificio que se converteu na sede do Arqueolóxico. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, inaugurou este venres a exposición en San Cibrao de Las. Incidiu en que se abre nun ano especialmente simbólico ao estar vencellado ao centenario de Nós e lembrou que a figura de Cuevillas unida a San Cibrao de Las.