O Museo Yosso celebra o Día das Letras Galegas coa presentación dun libro póstumo do autor de O Bolo

La Voz OURENSE

OURENSE

Yosso por fin tiene su museo.En el museo pueden verse varias decenas de cuadros de Yosso
En el museo pueden verse varias decenas de cuadros de Yosso Lolita Vázquez

O xornalista José Manuel Rubín falará da publicación nun acto que terá lugar o sábado 18

10 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Yosso, no concello de O Bolo, celebra o Día das Letras Galegas cun acto na memoria do artista de Valbuxán e coa presentación dun libro póstumo. O sábado 18 deste mes verá a luz Monforte 1951-52, o último libro que escribiu o autor ourensá, no que conta historias do ano que pasou estudando no colexio dos Escolapios. 

Na presentación do libro intervirán o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, e o xornalista José Manuel Rubín, que foi delegado de La Voz de Galicia en Valdeorras e un grande amigo do poeta e pintor homenaxeado. Tamén os acompañará o historiador Isidro García Tato.

No acto, que terá entrada libre, leranse poemas de Yosso e farase unha visita guiada polo museo.