O Festival de Xardíns estará dedicado ó cambio climático

La Voz OURENSE

OURENSE

O Festival de Xardíns chega á décimo quinta edición
O Festival de Xardíns chega á décimo quinta edición Santi M. Amil

Os interesados en participar na décimo quinta edición da cita con paisaxismo de Allariz xa se poden inscribir

07 abr 2024 . Actualizado a las 08:13 h.

A edición número quince do Festival Internacional de Xardíns de Allariz estará dedicada ó cambio climático, «un desafiante pero inspirador tema». Os organizadores da cita queren destacar como as alteracións climáticas poden ser abordadas desde o ámbito da xardinaría e o paisaxismo, promovendo así o aproveitamento dos espazos verdes como elementos esenciais para o benestar humano.

«O obxectivo é inspirar á sociedade a través de exemplos prácticos e positivos que demostran como os xardíns poden adaptarse e prosperar en medio das condicións cambiantes do clima», afirman desde o Concello de Allariz. Aqueles que queiran presentar as súas propostas poderán facelo ata o 30 de novembro deste ano e teñen toda a información no apartado dedicado ó festival na web do Concello.