Un cento de artistas estarán no Festival medieval de Viana do Bolo

La Voz OURENSE

OURENSE

Presentación do Festival Medieval de Viana do Bolo
Presentación do Festival Medieval de Viana do Bolo Cedida

A vila acolle o sábado a sétima edición do certame

28 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 30 • A partir das 18.00 horas • Praza Maior • Viana do BoloA Semana Santa terá unha connotación destacadamente musical en Viana do Bolo. O próximo sábado, día 30, celebrarase a sétima edición do seu Festival medieval. As actividades foron presentados este luns na Deputación de Ourense polo deputado provincial José María Lago; o alcalde Andrés Montesinos e o director da Escola provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. Segundo se destacou na presentación, no Festival medieval de Viana do Bolo participarán un cento de artistas, que achegarán ao público os vellos romances das Terras do Bibei.

No certame contarase coa actuación especial de Iria Estévez, escenificando á raíña Urraca. No festival actuarán o Grupo Tómalle Outra de Viana —trompetistas á usanza medieval— e os artistas Daniel García de la Cuesta, Jacinta Fernández Alonso de Lentellais, Branca Villares (Músicas da montaña de Lugo), Rogelio de Aceveda, Fiuca de Trives, Iria Estévez coas cantareiras da Real Banda, Digna de Vilanova (Trives), Óscar Ibáñez, Blandina de Cotarós, Amparo do Bao e Coral Candea.