Está ETA viva?

Manuel Monge

OPINIÓN

Javier Zorrilla | EFE

22 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, manifestaba nun almorzo informativo: «ETA está viva, está en el poder, vive de nuestro dinero, mina nuestras instituciones, quiere destruir España, privar a millones de españoles de sus derechos constitucionales y provocar una confrontación». Pronunciábase tamén pola ilegalización de Bildu, en aplicación do artigo 11.2 da Lei de Partidos Políticos, que sinala como causa de disolución: «Vulnere de forma continuada, reiterada e grave a esixencia dunha estrutura interna e un funcionamento democráticos; vulnere os principios democráticos ou persiga deteriorar ou destruír o réxime de liberdades ou imposibilitar ou eliminar o sistema democrático».

Militares, cargos públicos de PSOE e PP foron especialmente afectados polo terrorismo de ETA e debemos coñecer e difundir a súa opinión. Pablo Romero, fillo do tenente coronel Juan Romero Álvarez, asasinado por ETA, manifestaba: «Estimada Isabel Díaz Ayuso, deje ya de decir barbaridades. Ahórreme el dolor de ver que ETA sigue viva en su boca. Se lo pido por favor, casi por caridad, si de verdad quiere respetar a los afectados por el terrorismo que luchamos por la memoria y la justicia». Consuelo Ordóñez, irmá de Gregorio Ordóñez, concelleiro do PP asasinado por ETA, y presidenta de Covite (Colectivo de Vítimas do Terrorismo), apoiaba o manifestado por Pablo Romero e engadía sobre as declaracións de Ayuso: «Es la banalización en estado puro. No respetan a los muertos, van a respetar a sus familiares… ¡Besos Pablo!». E Maria Jauregi, filla de Juan María Jauregui, que foi gobernador Ccivil de Guipúzcoa e asasinado por ETA no 2000, era moi clara: «Isabel Díaz Ayuso, la única que busca una confrontación eres tú misma. Si de verdad quisieras respetar la memoria de las víctimas ahora mismo estarías hablando de tu proyecto político, pero ni la respetas ni tienes proyecto. No todo vale en política. Es indecente».

Bildu non é ETA, nin son os herdeiros de ETA. Euskal Herria Bildu nace no 2012 como coalición de Sortu, Eusko Alkartasuna (escisión do PNV), Aralar (abandona HB), Alternatiba (a súa principal referencia, o deputado Óscar Matute, foi fundador de CC.OO. e dirixente de Ezker Batua). Inscríbese en 2014 como partido político con afiliación individual. Hoxe están en Bildu persoas que denunciaron sempre a violencia como arma política e as accións terroristas de ETA.

Dirixentes do PP como Borja Semper sempre tivo as cousas claras: «Bildu no es ETA, lo importante es que ETA se ha acabado. El futuro se tiene que construir también con Bildu». Outros dirixentes do PP como Javier Maroto, alcalde de Vitoria e hoxe portavoz do PP no Senado, concretaba máis e non pechaba as portas a posíbeis acordos con Bildu: «No me tiemblan las piernas por llegar a acuerdos con Bildu. Ojalá cunda el ejemplo». Até cando van ser utilizadas as vítimas como arma electoral e política?