Imaxes e palabras de Castelao, un tesouro exposto na Fonsagrada

Laura López LUGO / LA VOZ

A FONSAGRADA

Algunhas das obras de Castelao expostas
Algunhas das obras de Castelao expostas cedida

A mostra «Castelao grafista (facsímile)» pódese visitar na Casa da Cultura

08 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Imaxes e palabras de Castelao, un auténtico tesouro da cultura galega, poden verse estes días na Fonsagrada. Afundación, a Obra Social de Abanca, o Concello da Fonsagrada e Abanca impulsan a exposición Castelao grafista (facsímile), que se pode visitar na Casa da Cultura da localidade ata o luns.

A mostra conta con pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación. Trátase dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

Hai facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida, retratos fotográficos, caricaturas, debuxos, portadas de revistas, manuscritos...

Esta exposición forma parte do proxecto «Cultura por alimentos», unha iniciativa de Afundación a favor de Fesbal (Federación Española de Bancos de Alimentos). Deste xeito, convídase aos visitantes a entregar algún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao Banco de Alimentos de Lugo.