As escolas de danza de Lugo promoven un festival con actuacións na rúa

la voz LUGO

LUGO

Presentación do segundo Festival das Escolas de Danza de Lugo
Presentación do segundo Festival das Escolas de Danza de Lugo CEDIDA

Entre o 24 de abril e o 4 de maio haberá actos na Praza Maior para amosar o traballo que fan os alumnos, e o día 6, un espectáculo de fusión no Gustavo Freire

14 abr 2024 . Actualizado a las 13:13 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo Primavera e danza. «Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións», explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.

O festival celebrarase entre o 24 de abril e o 4 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da Praza Maior de Lugo, e rematará o 6 de maio cun espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Gustavo Freire a partir das 20.00 horas.

Programación

As datas das actuacións de danza na rúa serán:

•Oxeito, 24 de abril, ás 18.30.

•Star Dance, 26 de abril, ás 17.00.

•Escola Palimoco de teatro e danza, 27 de abril, ás 13.00.

•Gravitty, 27 abril, ás 16.30.

•Magie Dance, 28 abril, ás 12.00.

•Victoria, 3 maio, ás 18.00.

•Mercedes, 4 de maio, ás 19.00.