O BNG de Quiroga homenaxea ao intelectual galego Manuel Murguía no centenario do seu pasamento

La Voz

QUIROGA

O quirogués Xosé Estévez é escritor e historiador
O quirogués Xosé Estévez é escritor e historiador ERIK GARTZIA EGAÑA

Mediante unha conferencia do escritor e historiador Xosé Estévez este venres pola tarde na Casa da Cultura

31 mar 2023 . Actualizado a las 11:02 h.

O BNG de Quiroga organiza unha conferencia sobre a figura do ilustre das letras galegas Manuel Murguía, aproveitando o centenario do seu pasamento. A charla-coloquio terá lugar este venres, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura desta localidade. O escritor e historiador quirogués Xosé Estévez será o encargado de debullar a vida e a obra de Murguía, destacando o seu importante labor como escritor e historiador, o seu galeguismo e compromiso coa lingua galega. Tamén se achegará información de interese sobre as dúas mulleres máis importantes da súa vida: Concha Murguía e Rosalía de Castro.

O acto será presentado polo concelleiro e candidato á alcaldía de Quiroga polo BNG, Xosé Manuel Fernández.

Manuel Murguía, fundador da Real Academia Galega e figura de referencia da literatura galega, será homenaxeado este ano, no centenario do seu pasamento. A Real Academia Galega e o Concello da Coruña xa iniciaron os actos de homenaxe ao escritor e fundador da institución. Deste xeito, colocaron unha placa conmemorativa no seu cemiterio de San Amaro, coa famosa sentenza do escritor sobre a importancia da lingua galega.