Bóveda agasalla libros aos usuarios da biblioteca pública

La Voz MONFORTE / LA VOZ

BÓVEDA

Dentro da conmemoración do día do libro, que incluiu tamén dúas sesións de contos coa escritora lucense Ana Meilán

24 abr 2024 . Actualizado a las 13:36 h.

O Concello de Bóveda celebra esa semana o Día do Libro con diferentes actividades. Na primeira delas, organizada dentro do programa Ler Conta Moito, a escritora lucense Ana Meilán participou este martes no centro sociocultural en dúas sesións de contos. Unha foi para os estudantes do colexio Rosalía de Castro e a outra para o público en xeral.

Por outra banda, a a biblioteca pública municipal organizou unha actividade titulada «Qué é para ti un libro» para que quen o desexe poida deixar por escrito nun panel o que significan os libros e levar un agasallo. Esta proposta permanecerá activa toda a semana e o agasallo consiste nun libro retirado da colección da Biblioteca, que terá así unha segunda vida e deixará espazo para novas adquisicións.