«Solicito para Monforte unas novas e modernas pistas de atletismo»

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

29 dic 2023 . Actualizado a las 18:04 h.

Saleta Fernández é un dos máximos expoñentes e unha voz máis que autorizada do deporte monfortino. En febreiro competirá en Ourense, e estes días aproveita a súa presenza en Monforte para ir á Cidade das Burgas adestrar. Si, a atleta ten que desprazarse porque as pistas da Pinguela non están como se deben para poder exercitarse.

—Por que non pode adestrar nas pistas da Pinguela?

—As pistas da Pinguela non están en condicións para adestrar. Non se pode saltar e os tacos non se cravan. Non reúnen as condicións para adestrar, e por iso teño que desprazarme a Ourense.

—Parece que iso non ten solución rápida?

—A solución, e iso é o que pido, é que de cara ao 2024 Monforte conte cunhas pistas como merecen os seus deportistas. Estamos falando de atletismo, un deporte con moitos practicantes e que está dando moitos éxitos á cidade e a comarca. Espero que este desexo que teño se faga unha realidade.

—Recibe moitos consellos de Ruth Beitia?

—Quedamos un día a semana para cear, e si, aconséllame moito. Alegrouse moito da miña volta a Santander. Segue sendo a miña referente.