F. X. Fernández Naval e Eva Veiga presentan «Fragor do urdido», este venres en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

José Pardo

O Ateneo Fernán Martís organiza o acto, na Casa da Cultura

19 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval presentan «Fragor do urdido», «un libro como intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia».

O texto de presentación prosegue así: « Unha fiestra pola que entrar e saír de nós mesmos para, como fan as agullas de tecer, entear un texto onde dúas voces poéticas se alían, desaparecendo toda marca de autoría, para dar conta desa avinza entre o que se vive e o impredicible, nun xogo no que as palabras e os versos cobran poder e autonomía na construción do poema».

O acto, impulsado polo Ateneo Fernán Martís, con apoio do Concello eumés e da Deputación, terá lugar este venres, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura