O profesor Carlos Callón presenta en Pontedeume «O libro negro da lingua galega»

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

XOAN A. SOLER

O Ateneo Fernán Martís organiza o acto, que terá lugar na Casa da Cultura

03 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O profesor Carlos Callón presenta a súa obra «O libro negro da lingua galega» o venres (20.00 horas), na Casa da Cultura de Pontedeume. Organiza o Ateneo Fernán Martís. Recollle testemuños da represión lingüística en Galicia.

«Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel, etcétera. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego" e das inspeccións por "exagerado acento gallego"», indican desde a editorial.

«Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII», prosigue.