Narón adica unha homenaxe aos fusilados polo franquismo nos cemiterios

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Ofrenda floral no cemiterio do Val
Ofrenda floral no cemiterio do Val Cedida

Con flores en O Val e San Mateo, pola conmemoración da Segunda República

13 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con actos celebrados nos cemiterios de O Val e San Mateo, ademais de no Pazo da Cultura onde está a árbore de Gernika, a asociación Memoria Histórica Democrática e o Concello de Narón adicaron este venres unha homenaxe tanto á Segunda República como aos fusilados polo franquismo. No memorial de San Mateo, o historiador Xosé Manuel Suárez tamén falou da aventura do Mar Cantábrico: mercante ao servizo da Segunda República, que partiu de Nova York o 6 de xaneiro de 1937 con víveres e oito avións con destino a Veracruz (alí incorporaría cañóns, fusís e munición).

Tanto nos cemiterios como ante a árbore de Gerniña realizáronse ofrendas florais, coincindo co 93 aniversario da proclamación desa II República. Á convocatoria asistiron os concelleiros de Terra Galega, Román Romero, Manuel Ramos, Mar Gómez e José Oreona; ademais do secretario desta organización, Bruno González.

Segundo Román Romero, «coincidindo coa conmemoración do 94 aniversario da proclamación da II República, que se cumpre este domingo, celebramos este acto en homenaxe e recordo de todas esas persoas que loitaron pola democracia, os dereitos e as liberdades das persoas».

No Val depositáronse caraveis xunto ao monumento en lebranza das vítimas da ditadura franquista, e tamén a ofrenda foi xunto a un dos puntos nos que se realizaron hai unhas semanas uns traballos de prospección na procura dunha fosa común neste cemiterio.