Por decisión unánime da corporación
27 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Por decisión unánime do pleno, a corporación de Ferrol aprobou o xoves a creación do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática. A iniciativa partiu dunha moción do PSOE.
Este órgano asesor do Concello «dará continuidade á Mesa da Memoria Histórica e abordará a creación do seu propio regulamento».
Ao pleno acudiron os investigadores de memoria histórica Bernardo Máiz, Xosé Manuel Suárez, Beatriz Rascado e Manuel Fernández Pita.