O mundo da cultura perde a Celestino Ledo, unha figura fundamental do teatro galego

FERROL CIUDAD

dedida

Dirixiu o histórico grupo teatral do Círculo de Perlío entre os anos 1974 e 1977, e a Escola de Teatro de Narón en 1979

08 mar 2024 . Actualizado a las 20:21 h.

O mundo da cultura vén de perder unha figura fundamental do teatro galego, Celestino Ledo, que dirixiu o histórico grupo teatral do Círculo de Perlío entre os anos 1974 e 1977, e a Escola de Teatro de Narón en 1979. «Era un home extraordinario -sinala Xaquín Marín, un dos seus máis grandes amigos-. Fomos compañeiros en Astano, cando a xente de Astano foi esencial para darlle un novo alento á cultura de Galicia. Sabía moitísimo de teatro -engade Marín-, e todo canto fixo é impagable. E, sobre todo, era unha persoa excepcional, moi tolerante e cun gran espírito de diálogo. Lembrareino sempre -di Xaquín- con moitísimo afecto».

Natural de Xermade, das portas de Terra Chá, na súa xuventude Ledo fora futbolista. Xogou no Deportivo na temporada 1954-55, e máis tarde foi cedido ao Racing de Ferrol, clube ao que sempre se sentiu, tamén, moi unido.

Era, ao mesmo tempo, un home do deporte e un home da cultura. E tanto na cultura coma no deporte fixo da xenerosidade, e da entrega ao ben común, unha maneira de existir. Tina 89 anos de idade. O seu recordo perdurará.