Fene anima á hostalería para converter a vila «na nova capital das tapas»

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Petisco de Pachamamá, en anteriores edicións do concurso de Fene
Petisco de Pachamamá, en anteriores edicións do concurso de Fene Cedida

O Concello celebra o martes unha reunión co sector

21 abr 2024 . Actualizado a las 12:21 h.

Co obxectivo de convertir a Fene «na nova capital das tapas», o Concello organiza un encontro coa hostalería o vindeiro martes ás 16.00 horas no salón de plenos. Servirá para preparar o XIV Concurso de Tapas, que se celebrará nas próximas semanas. Organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, pretende «dinamizar o sector e premiar o sabor, calidade e aparencia dos petiscos».

Na cita pecharanse as datas e prepararanse as rutas. De feito, ao igual que en anteriores edicións, «o Concello de Fene repartirá os pasaportes Fenerruta, que as persoas que participen no concurso deberán ir selando conforme proban as diferentes tapas».

Os xurados

Cos seus votos, os clientes elixirán a Tapa Popular Creativa e a Tapa Popular Tradicional, e ademais participarán para gañar diversos agasallos que se desvelarán proximamente. «Un xurado especializado tamén se encargará de probar todas as tapas do concurso para outorgar os premios da Tapa Creativa e Tapa Tradicional, valorando aspectos como os ingredientes, a elaboración, a creatividade, o sabor, a presentación e o concepto», segundo indican desde o Concello.

En anteriores edicións ofrecéronse desde salpicóns a chipiróns ao roquefort, tostas de gulas ou carrilleiras.