O «Celebreixon» de Roberto Vilar chega a Ferrol: «Levo 30 anos pintando a mona»

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Roberto Vilar, con 'Celebreixon'
Roberto Vilar, con 'Celebreixon' ÁLVARO BARREIRO

O espectáculo representarase no Auditorio este sábado, con éxito de taquilla pero aínda queda algunha entrada

19 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con entradas a partir de 16 euros e gran éxito de taquilla, o Celebreixon de Roberto Vilar llega este sábado ao auditorio de Ferrol. Para o espectáculo ás 20.30 horas, aínda quedan prazas pero poucas. E como indica o humorista e presentador da TVG, «levo 30 anos pintando a mona».

Segundo a organización, trátase dun «espectáculo cheo de risas e sorpresas, nunha sorprendente xira polos teatros galegos». Roberto Vilar (San Cristobo, Xove, 1971) celebra durante este 2024 as súas tres décadas de comedia e audiovisual con exitazos como o programa Land Rover.

Amosará, como xa declarou en diversas entrevistas, que «o galego ten un sentido do humor descomunal». As entradas poden adquirirse na web de www.ataquilla.com.