A feira «O mar en terra» de Terreboredo fixa a súa data para a primeira fin de semana de maio

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

Miguel souto

05 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

As instalación do obradoiro Namoreiras de Terreboredo (A Estrada) acolleron este sábado unha nova edición da feira O mar en terra, unha cita coa artesanía e a cultura que ten como eixe principal a cultura mariñeira.

A cita celebrouse con éxito, aínda que coa asistencia seguramente mermada polo temporal que sacudiu a comarca na xornada de onte. A feira leva xa tres edicións ás súas costas. Sen embargo, aínda non conseguiu converterse nunha referencia no calendario galego de feiras pola súa data cambiante. Os organizadores, María Rivas e Uxío Alho, sempre programaron a cita en función do ritmo doutros traballos. Sen embargo, para conseguir imprimirlle unha maior fidelidade teñen decidido celebrala a partires de agora nunha data fixa que será a primeira fin de semana do mes de maio.

A feira de onte incluía postos de venda de artesanía relacionados coa tradición mariñeira, obradoiros, exposicións e moita música. Namoreiras aproveitou tamén o evento para presentar a súa nova caixa de doces da serie Rumbo á liberdade. É unha caixa ilustrada por Rosa de Cabanas dedicada ao Novo Emden, un dos barcos que axudaron a fuxir aos represaliados franquistas.