O santiagués Alberto Ramos gaña o premio Rafael Dieste de Textos Teatrais

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Alberto Ramos
Alberto Ramos Sabela Iglesias

Logrouno con «Conxo, non restrain», unha peza que trata sobre a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo.

13 sep 2023 . Actualizado a las 13:40 h.

O xornalista e escritor santiagués Alberto Ramos é o gañador do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais promovido pola Deputación da Coruña. Foi grazas a Conxo, non restrain, unha peza que trata sobre a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo.

O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por Teresa Moure, Avelina Pérez, Lois Blanco, Sabela Hermida e o gañador da última edición, Roberto Pascual; e, como secretaria, a xefa da sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat. Este salientou da obra premiada a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada moi acorde co tema que aborda o texto. Tamén valorou positivamente a ousadía á hora de retratar un asunto moi delicado.

O premio está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra por parte da Deputación da Coruña que, ademais, desenvolverá un procedemento para a selección de propostas e garantir a montaxe e a representación da obra por parte dunha compañía teatral galega.