O ecomenú literario, outro xeito de saborear a natureza con libros e verbas

Rodri García A CORUÑA

OLEIROS

atr

No Día Mundial do Medio Ambiente naceu un banquete literario para coñecer mellor e divulgar a natureza. A iniciativa da biblioteca do Ceida de Oleiros chegou ao Ministerio de Cultura que recoñece o proxecto como un dos máis innovadores

12 jun 2023 . Actualizado a las 10:18 h.

«A actividade comezou no 2021, cando aínda a biblioteca do Ceida [Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ] estaba no castelo de Santa Cruz. Estreámola o Día Mundial do Medio Ambiente dese ano no xardín do Castelo, un pouco como experiencia piloto, e gustou tanto, que decidimos incorporala ao programa de actividades anual». Isto explica Ana B. Pardo, responsable da iniciativa que naceu o 5 de xuño, unha data que o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente leva celebrando dende 1973 como a plataforma mundial máis grande para a divulgación ambiental.

Conta Pardo como «dende entón levamos organizados nove ecomenús (contando o que imos realizar agora en xuño, o día 9), e pretendemos facer un par deles máis este ano». Como non podía ser doutra maneira, «a actividade desenvolvémola sempre ao aire libre, de aí que aproveitemos só os meses entre maio-outubro (aproximadamente), porque xa despois, o tempo non permite facela no exterior».

Do castelo de Santa Cruz os ecomenús literarios pasaron ás cabalerizas do Pazo de Lóngora, un espazo de xardín no que se xuntan os participantes. 

atr

Menú con cinco pratos

Explica Pardo que a dinámica da actividade é sinxela: «Convidamos ás persoas a asistir a unha “comida” na que imos degustar un menú especial: un ecomenú literario. Cada prato se corresponde coa lectura en voz alta dun texto seleccionado previamente por nós (para os asistentes é un menú sorpresa), e tras a lectura dese texto (son bastante breves), comentamos o que lles parece, lles recorda, evoca, ou lles fai sentir… calquera cousa que lles apeteza comentar».

A asistencia a este convite precisa da inscrición previa. Cando senta a mesa, a persoa participante recibe «unha invitación, como se fora unha voda [chancea Ana], co menú do convite. O ecomenú está composto por cinco pratos (aperitivo, primeiro prato, segundo prato, postre e café), e levan como un fío condutor, é dicir, non son textos seleccionados sen máis, senón que teñen un sentido no seu conxunto».

Así, un dos encontros foi un especial sobre o Día Mundial das Aves. O aperitivo foi o libro de Antonio Sandoval ¿Para qué sirven las aves? (Tundra). No primeiro prato os comensais-lectores saborearon De plantas y animales (Tusquets), de Ida Vitale, e de segundo Zona a defender (Xerais), de Manuel Rivas. O postre foi El vuelo infinito (Kalandraka) de Frank Pintadera e para o café Aves extraordinarias (GeoPlaneta), de Mark Avery. 

Lectura, comida e natureza

Esta experiencia é un exemplo de como se elabora ese menú literario: «Os textos escollidos son de obras literarias de temática ambiental, principalmente do xénero de literatura de natureza, novela ou ensaio lixeiro, mais tamén incluímos poesía ou literatura infantil, que funciona moi ben co público adulto».

Con todo isto, salienta Ana B. Pardo, «combinamos tres praceres do ser humano: a natureza, a lectura e a comida, de forma que se crea un espazo moi bonito para compartir, reflexionar e poñer enriba da mesa cuestións ambientais, sempre apelando ás emocións. Por iso dicimos que se trata dunha actividade para saborear a natureza dunha forma diferente».

Con esa idea no título, Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear la naturaleza, esta actividade foi presentada, no ano 2021, ao Consello de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura, «entidade que todos os anos convoca o Selo CCB e premia experiencias innovadoras en bibliotecas. E quedamos de finalistas (segundo posto) na categoría de bibliotecas especializadas».

A biblioteca do pazo de Lóngora, a oitava do concello de Oleiros, abriu no mes febreiro do ano pasado e encontros como os ecomenús literarios supoñen a volta á actividade cultural da que foi no seu día a casa do matrimonio formado pola escritora Francisca González Garrido, Fanny Garrido, e o músico Marcial del Adalid.

A finais do século XIX e comezos do XX, este foi un lugar de intensa actividade literaria e musical xa que Fanny Garrido foi unha muller de ampla cultura. Publicou os seus artigos en El correo de Madrid ou Galicia. De tódolos xeitos, non asinaba co seu nome e aproveitou o lugar do pazo de Lóngora para inventar o seu pseudónimo: Eulalia de Liáns.

En 1885, cando tiña 43 anos, publicou a súa primeira novela, Escaramuzas, unha historia que ten moito de autobiográfica. A segunda, catro anos despois, sería a titulada La madre de Paco Pardo. Unha das súas novelas, Batallas, está inédita.

Outra das súas actividades foi a da tradución ao castelán de obras de autores alemáns como Heine e Goethe; deste último unha das obras traducidas foi Viaje a Italia.

 

«La madre naturaleza»

Fanny Garrido era amiga de Emilia Pardo Bazán, autora de obras naturalistas como Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza. A súa preocupación pola cultura, a educación, os máis desfavorecidos e por Galicia fixo que Garrido fora unha das fundadoras da Sociedad de Folk-Lore Gallego, unha entidade promovida e presidida por Pardo Bazán. A primeira xuntanza tivo lugar na casa da autora de La Tribuna, na rúa Tabernas 11, da Coruña, en 1883, actual sede da Real Academia Galega (RAG)

Fanny Garrido era unha das que aparecía no primeiro listado xeral de «folcloristas considerados como socios fundadores» da RAG, xunto con outras mulleres como Filomena Dato, Joaquina Otaño, Matilde Frade ou Francisca Fernández Vaamonde. O feito de ser unha das impulsora da Academia, fixo que esta a nomease académica correspondente cando aínda estaba en marcha o proceso de creación da mesma.

Escritores a la tartera para un bacalao

Los críticos de cine hablan en ocasiones de «película alimenticia», cuando una figura rueda una cinta que no está a la altura de lo que se espera. También hay una literatura alimenticia y, más importante, una literatura gastronómica que entre los escritores gallegos cuenta primeras figuras como Álvaro Cunqueiro. Pero algún autor que ha sido capaz de darle la vuelta al género con una propuesta que consiste en cocinar a dos escritores: por un lado a Wenceslao Fernández Flórez, que tiene en Cambre la sede de su fundación, y por otro Picadillo, que fue juez municipal en Arteixo. 

La curiosa propuesta gastronómica la hizo este último: «Se coge una hoja de bacalao muy delgada, tan delgada como Wenceslao Fernández Flórez, y se toman unos tomates muy gordos, tan gordos como yo». Estos son los ingredientes de una de las recetas que aparecen en el primer libro de cocina firmado por Picadillo en el año 1901 y titulado 36 maneras de guisar el bacalao. Este era el seudónimo de Manuel María Puga y Parga, que estudió Derecho en Santiago y además del mencionado cargo en Arteixo estaba vinculado a dicho concello por el hecho de residir en el pazo de Anzobre que había adquirido su padre.

Lógicamente, Picadillo tenía la suficiente amistad con Fernández Flórez como para meterlo en la tartera. También era amigo de Emilia Pardo Bazán, autora del prólogo de otro de los libros emblemáticos del orondo autor: La cocina práctica. Muchas de las recetas de ambos volúmenes las había publicado antes en los periódicos coruñeses El Noroeste y El Orzán. El humor era casi siempre uno de los ingredientes de unas recetas en las que defendía la cocina tradicional gallega frente a la cocina francesa, muy de moda entonces sobre todo entre las gentes más pudientes.

Picadillo, que había encabezado su receta con el título de Bacalao de PP y W, seguía con las indicaciones: «Se sala a Flórez y se me parte en pedazos a mí, y en una tartera, capa de pedazos de Flórez desalados y capa de yo».

Completaba los ingredientes apuntando: «Fuego lento; refrito por encima de aceite; mucha cebolla y ajos cuando Flórez esté cocido». A continuación «diez minutos más de fuego y un perejil final reducido a picadillo con alguna sal si la necesitase».

Concluía Picadillo bromeando con su flaco amigo: «Y así es la vida. Yo estaré dividido por el eje, pero usted, amigo mío, se queda sin sal que es bastante peor».

Los carballos cansados de la casa de Wenceslao Fernández Flórez

atr

Una estrecha carretera serpentea por detrás de Villa Florentina, la casa de Cecebre (Cambre) convertida en sede de la Fundación Wenceslao Fernández Flórez. El musgo y la hiedra arropan los viejos carballos como si tuvieran frío, aunque estemos en primavera. A uno de esos carballos, el que tiene aspecto de ser el mayor del grupo, podría cantarle Billy Joel su Piano man con aquello de «pareces cansado, y aún no ha salido ni el sol...». Y es que, quizá por el peso del ramaje, se ha apoyado encima de la valla que cierra la finca en la que nació El bosque animado

Un poco más allá puede verse la vía de ese tren al que subía Pilara, la hija de Marica da Fame. Ellas son dos de las protagonistas de un texto que está entre el grandioso canto a la naturaleza y el realismo mágico generado por la fraga de Cecebre. «Cuando un hombre consigue llevar a la fraga un alma atenta, vertida hacia fuera, en estado —aunque transitorio— de novedad, se entera de muchas historias. No hay que hacer otra cosa que mirar y escuchar, con aquella ternura y aquella emoción y aquel afán y aquel miedo de saber que hay en el espíritu de los niños. Entonces se comprende que existe otra alma allí, infinitas almas; que está animado el bosque entero». Esto escribe Fernández Flórez en un texto muy vigente ya que, siguiendo sus consejos, es posible escuchar cómo esos carballos de detrás de su casa están sorprendidos por el árbol [en este caso no es de madera para poste de telégrafos, como en el original, sino de cemento para el alumbrado y el teléfono] que unos hombres han plantado a su lado, con sus largas ramas de alambre y una farola en la cabeza. Las conversaciones con el árbol de cemento sobre la modernidad quizá se amplíen al proyecto del construir al lado del bosque animado de Cecebre casi 80 viviendas que, aseguran sus promotores, no afectarán a la fraga. A saber lo que pensaría Fernández Flórez, que buscó Cecebre para escapar del ruido urbano y cuyos personajes han tenido nueva vida en el cine e incluso uno de ellos se ha convertido en guía turístico: Fiz de Cotovelo, que en la novela guía a la Santa Compaña, es el alter ego de Suso Martínez, guía de las visitas al cementerio de San Amaro, en A Coruña.