Cerceda busca os mellores contos cun certame literario

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

ANA GARCIA

Promove o Concello a segunda edición de «Cóntanos un conto», con motivo do Día do Libro

12 abr 2024 . Actualizado a las 13:21 h.

Organiza o Concello de Cerceda con motivo do Día do Libro (23 de abril) o segundo certame Cóntanos un conto, no que poden participar nenos de 3 a 16 anos, en varias categorías. A de infantil abrangue toda esta etapa e primeiro de primaria, tendo que presentar unha historia en formato cómic con catro viñetas, en galego. Primaria dividirase en dúas categorías: cursos de segundo a cuarto, dun lado, e quinto e sexto, por outro, en ambos casos historias manuscritas, en galego e cun máximo dun folio polas dúas caras no primeiro caso, e de dous no segundo. Para a ESO a extensión máxima será de catro folios polas dúas caras, mecanografados a Times New Roman 12. Os gañadores levarán bonos de 50 euros para gastar nas librarías Esymar ou Coordinadas, ubicada a primeira delas en Cerceda e a segunda en A Silva. En todas as ramas, a temática do conto é libre.

O prazo para o envío de propostas rematará o 22, e poden enviarse a cultura@cerceda.es ou ben presentalas presencialmente no Rexistor do Concello, en horario de mañá.