Carballo xa mira ao San Xoán e busca cartel anunciador

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Os interesados en participar no certame dispoñen de prazo ata o 5 de abril

07 mar 2024 . Actualizado a las 23:33 h.

Ata o vindeiro 5 de abril estará aberto o prazo para concorrer ao certamen para elixir o cartel que anunciará a próxima edición das festas do San Xoán de Carballo. Como é costume, poderá participar todo aquel que o desexe, sempre e cando sexa maior de idade e non tivese gañado nas dúas edicións anteriores do certame. Só poderán presentar un traballo da súa autoría e, baixo ningún concepto, poderán valerse da intelixencia artificial para a súa elaboración, segundo se recolle nas bases do concurso.

Os traballos deberán ter entre 40 e 55 centímetros de base e 55 e 75 centímetros de altura, e serán presentados sen sinatura e en completo anonimato, baixo un pseudónimo e achegando os datos persoais nun sobre pechado. As candidaturas deberán remitirse á Concellaría de Cultura, ben sexa presencialmente ou por correo certificado. O gañador será elixido por un xurado e recibirá 500 euros patrocinados por Opticalia Enríquez.