Talento bergantiñán na gala de Enreguéifate, hoxe en Santiago 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

EDUARDO PEREZ

É unha das propostas da axenda diaria para este mércores, que tamén inclúe programa Apego en Carballo 

03 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • O Teatro Principal de Santiago acolle hoxe, ás 11.00, a gala de Enreguéifate. Entregaranse os galardóns do certame convocado ao abeiro desta iniciativa, e co que viñeron tres premios para Bergantiños. Dun lado, na categoría xeral, o galardón á regueifa máis aguda para a Escola de Regueifa de Carballo, por Vai de voda. Doutro, na categoría escolar, o galardón á regueifa máis brava, para alumnado do colexio de Bormoio-A Agualada, e o galardón á regueifa mellor falada, para alumnado do colexio de Nétoma-Razo. Por outra banda, na capital de Bergantiños, baixo o programa Apego, recibirase hoxe no mercado municipal a Marta Ortiz, con Canta, buguina, canta: 17.00 e 18.30 horas, para pequenos de ata 3 anos. Na imaxe superior, Marta Ortiz.