Convocada a vixésimo oitava edición do certame de poesía Francisco Añón en Outes

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Os interesados en concorrer ao certame teñen ata o 1 de abril para presentar os seus traballos

24 feb 2024 . Actualizado a las 12:07 h.

O Concello de Outes vén de convocar unha nova edición, a vixésimo oitava, do se concurso de poesía, o Francisco Añón. Como en anteriores ocasións, establécense seis categorías en función da idade dos participantes, desde os 6 anos ata os maiores de 18. Os interesados en concorrer teñen ata o 1 de abril para facer chegar as súas composicións poéticas á casa de cultura da Serra.

Ademais da publicación das obras gañadoras, o Concello dotou o certame con premios de carácter económico. Para as catro primeiras categorías, de nenos de ata 14 anos, establecéronse vales para a compra de libros por importe de 150, 180, 210 e 240 euros. Aqueles que se erixan cos dous galardóns restantes faranse con cheques por valor de 480 e 1.500 euros.

Está previsto que o xurado faga público o seu fallo o 17 de maio, no marco das actividades promovidas polo Concello para a conmemoración do Día das Letras Galegas. No mesmo acto, presentarase a compilación dos poemas gañadores na edición do ano pasado e unha separata dedicada a (De)catarse, de Naila María González, gañadora do premio estrela.