Valga organiza andainas este mes

La Voz VALGA

VALGA

As camiñadas celebraranse os luns de 18 a 19.30 horas e os xoves de 10 a 11.30 a partir da vindeira semana

07 may 2024 . Actualizado a las 12:18 h.

O curso de autocoidado e relaxación que esta semana deu comezo no auditorio municipal de Valga coa participación de máis dunha vintena de persoas complementarase a partir de mediados de mes coa realización de andainas por distintas zonas do concello. As camiñadas celebraranse os luns de 18 a 19.30 horas e os xoves de 10 a 11.30 a partir da vindeira semana. Comezarase con rutas curtas, duns 5 ou 6 quilómetros, para unha mellor adaptación de todos os participantes e, pouco a pouco, irase incrementando a lonxitude e a intensidade. Visitaranse espazos coma o Miradoiro da Perdiz, en Vilar, a praia fluvial de Vilarello ou as fervenzas.

Estas andainas están abertas á participación de calquera persoa, aínda que non estea inscrita no obradoiro de autocoidado. Neste último caso, será necesario cubrir unha folla de inscrición que pode descargarse na páxina web municipal ou recollerse nas oficinas municipais. Entregarase no rexistro ou enviarase por correo electrónico ao enderezo concello@valga.gal.