Valga prepara a batalla de Casal de Eirigo para o día 18 de maio

La Voz VALGA

VALGA

MARTINA MISER

Ao desfile de tropas e a recreación da batalla seguirán áctuacións musicais e reparto de churrasco con rosquillas

24 abr 2024 . Actualizado a las 15:01 h.

O Concello de Valga xa pechou o programa da nova edición da Batalla de Casal de Eirigo que terá lugar o 18 de maio nas inmediacións da Capela da Saúde. A actividade está organizada pola asociación Heroes de Casal de Eirigo, coa colaboración do Concello e arrancará ás 17 horas co desfile das tropas, recepción de alarmas e actos conmemorativos. Unha hora despois comezará a recreación da batalla, coas tropas dirixidas polo actor Suso Martínez, xunto a Daniel Lindh e a actuación de Manoele de Felisa.

Ás sete da tarde actuará o grupo musical Festicultores Troup para dar paso ás 21 hora á actuación de Dj Maxi, con tirada de fogos artificiais e reparto de churrasco e rosquillas entre os asistentes.