Ribadumia convoca un novo concurso de tapas e petiscos para a Festa do Tinto

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

Un dos establecementos participantes na edición anterior
Un dos establecementos participantes na edición anterior Martina Miser

O prazo de inscrición estará aberto desde o 20 ao 30 de abril

19 abr 2024 . Actualizado a las 15:26 h.

O Concello de Ribadumia prepara a segunda edición do «Concurso de Tapas e Petiscos En Ribadumia, tapa o teu baldón» dentro da programación da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas que se celebra o primeiro fin de semana de xuño. Poden participar os establecementos de hostalería situados no municipio e a inscrición pode levarse a cabo nas oficinas municipais ou no mail cultura@ribadumia.org desde o 20 ao 30 de abril. Os participantes deberán aportar a ficha do petisco co nome da tapa, os ingredientes, explicación da elaboración, se é apta para celíacos, nome do establecemento e fotografía do establecemento e da tapa. As bases poden consultarse na páxina web municipal, nas redes sociais ou chamando ás oficinas do concello no 986 718 491 ou 986 718 499.