Os socialistas volven pedirlle á Deputación a apertura da oficina de turismo da Armenteira

La Voz MEIS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O servizo pechou argumentando o goberno provincial que non tiña sentido mantelo aberto mentres a igrexa do mosteiro se mantivera pechada

10 may 2024 . Actualizado a las 09:31 h.

A polémica polo peche da oficina de turismo do mosteiro da Armenteira (Meis), dependente da Deputación de Pontevedra, continúa. O PSdeG-PSOE volveulle pedir onte a Luís López que reabra de inmediato o servizo «O goberno da Deputación só acerta cando rectifica e no caso da oficina de turismo de Armenteira só lle queda iso, rectificar», segundo indica a portavoz do grupo provincial do PSdeG-PSOE, Ana Laura Iglesias. Explica a deputada que, tendo noticia de que o Arzobispado de Santiago pretende reabrir ao público a igrexa, a Deputación debera reabrir, tamén, a oficina de turismo, tal e como se comprometera a facer o presidente, Luis López. «Dixo claramente que a oficina volvería cando a Igrexa reabrira as súas portas co que xa non ten máis escusas porque está preso das súas palabras». A portavoz tamén instou a que «despois desta lamentable actuación, esiximos que o presidente explique con transparencia o dispendio que supuxo o desmantelamento da oficina e o custe de ter agora que volver a abrila en menos dun mes».

Os socialistas aluden á importancia deste punto de información dentro da estratexia turística na provincia.